Quero que as miñas primeiras palabras sexan de agradecemento para todos os cambadeses e cambadesas que o pasado 22 de maio, cunha alta participación que acadou o 76,01 % do censo, deron unha nova lección de madurez democrática, decidindo a composición desta nova Corporación Municipal.
Agradecemento que fago estensivo a todos cantos depositaron a súa confianza na candidatura do Partido Popular, e facendo posible que, neste acto, poida ser proclamado Alcalde de Cambados, continuando co labor iniciado polos meus predecesores no cargo, Antonio Pillado, Santiago Tirado e José Manuel Cores Tourís.
Ante esta gran responsabilidade que hoxe asumo, quero expresarvos o meu compromiso de que pondrei todo o meu empeño en traballar arreo, xunto co equipo de goberno, para que Cambados continúe camiñando pola senda da prosperidade, cumprindo cos nosos compromisos.
Desenvolveremos unha política de dinamización e crecemento equitativo entre todas as parroquias.
Serán obxectivo prioritario da nosa xestión traballar conxuntamente cos sectores económicos e sociais para combatir o drama do paro que hoxendía afecta a centos de familias do noso contorno, para isto continuaremos potenciando os recursos do noso municipio: o viño e os productos da horta, a pesca e o marisqueo, o comercio e a industria, a hostelería e o turismo, pilares básicos da economía dos cambadeses e cambadesas.
O medioambiente, as políticas sociais, a cultura e o deporte, serán tamén prioridades para o grupo de goberno nesta nova lexislatura, áreas polas que os cambadeses sempre amosamos unha gran sensibilidade, simbolos dunha sociedade moderna e solidaria.
Seguiremos desenvolvendo proxectos e actividades dirixidas a tódalas idades da poboación.
Todos somos conscientes da dificil situación económica que está a vivir o país, e isto conleva inevitablemente unha merma importante dos orzamentos, pero en ningún caso vai supoñer unha rebaixa dos servizos nin da súa calidade.
Traballaremos optimizando máis os recursos e xestionando con maior eficacia, adaptándonos ao novo contexto económico, no que tódalas administracións debemos axustarnos aos criterios de austeridade, e priorizar actuacións, atendendo as necesidades dos veciños.
Seguiremos colaborando activa e lealmente con tódolas administracións. Creemos fehacentemente ten que xurdir un novo modelo de prestación de servizos, máis acorde coa realidade actual.
A comarcalización de servizos debe ampliarse como ferramenta importante na optimización dos recursos e mellora da calidade.
Debemos seguir mellorando Cambados, para que siga sendo referente: un municipio coidado, agradable e hospitalario onde nos gusta vivir.
Cun Conxunto Histórico ben restaurado e que tanto valoran os nosos visitantes. Cunhas parroquias cos mesmos servizos que o centro urbano.
Un municipio con identidade propia, calidade de vida, harmonía social e solidariedade.
Coa axuda e colaboración de todos os cambadeses seguiremos avanzando e construindo o modelo de municipio que todos desexamos e que entre todos convertimos nun referente do noso país.
Polos nosos antepasados, polas presentes xeracións e sobre todo polas que virán no futuro, pídovos a todos os membros electos desta Corporación Municipal, compromiso, respeto e colaboración democrática.
CAMBADOS O MERECE ….. MOITAS GRACIAS¡¡¡

