Inicio
 

O Concello de Cambados NON PRESENTOU NINGÚN PROXECTO

O Plan DEPO-REMSE da Deputación de Pontevedra permite subvencionar dende a Administración Provincial aos Concellos obras para mellorar vías e espazos públicos municipais: centros sociais, culturais, centros educativos, entre outros...

O reparto que se aprobou hoxe en Comisión otorga ata 500.000 euros a algúns concellos.

A gran maioría dos concellos que presentaron proxecto, obtiveron a subvención.

¡¡O Concello de Cambados NON PRESENTOU NINGÚN PROXECTO, foi dos poucos que non presentaron nada!!

É irresponsable por tanto do equipo de goberno nin sequera molestarse en presentar algún proxecto para mellorar casas da cultura, viais ou algún patrimonio municipal que desgraciadamente teñen en este momento en mal estado en moitos lugares do municipio.

Ao concelleiro de obras J. R. Abal e a alcaldesa debería darlle vergoña perder unha oportunidade coma esta para o noso municipio.

É igual, para éles está todo ben... agora de viaxe e paseando por Europa, os veciños e veciñas que se aguanten coas instalación defectuosas ou en mal estado por falta de mantemento.

¡¡¡Incompetentes!!!