Inicio
 

Mellora Complexo Deportivo do Pombal

Renovación e mellora do Complexo Deportivo do Pombal. Inversión 300.000€. 

O equipo de goberno continua ampliando e mellorando unha das instalación deportivas máis completas da provincia de Pontevedra. Esta actuación consiste na renovación do terreo de xogo dun dos campos de fútbol, ampliación de bancadas, mellora do peche perimetral e instalación de cuberta no acceso. As pistas de tenis tamén se verán renovadas cun novo peche e mellora do seu entorno.


 



Pavillón IES Ramón Cabanillas

Pavillón Polideportivo do IES Ramón Cabanillas. Inversión 400.000€. 

Estas instalacións financiadas pola Deputación de Pontevedra van permitir aos 500 alumnos do centro pertencentes a todas as parroquias de Cambados a práctica de diferentes deportes. Ademáis, outros clubs deportivos poderán empregar estas instalacións fóra de horario lectivo.




Estación Depuradora de Aguas Residuais do Umia

Estación Depuradora de Augas Residuais do Umia. Inversión 8.000.000€.

Esta infraestrutura, tal e como prometeu este equipo de goberno, solucionou a problemática puntual dos cheiros nalgunhas rúas de Cambados. O noso municipio conta cunha das redes de saneamento máis ampla da provincia chegando a cubrir o 99% do solo urbanizado. 



Saneamento saco de Fefiñans

Saneamento do Saco de Fefiñáns: Inversión 1.200. 000€.

O medio ambiente é un dos obxectivos principais deste equipo de goberno. Esta actuación, que está a piques de rematar, é unha das máis importantes que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente en toda Galicia. Actualmente xa se están rexistrando mellores parámetros na calidade da auga na zona. A seguinte fase é a recuperación do areal do Pombal e Tragove.



Reparación cuberta piscina municipal

A Deputación Provincial colabora co concello para subsanar as deficiencias da cuberta da piscina municipal. O orzamento para a obra é de 600.000 euros. Actualmente o mal estado da cuberta ocasiona altos custos no consumo enerxético para o Concello de Cambados.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2015/05/01/diputacion-destinara-100000-euros-plan-obras-2015-piscina-cambados/00031430476080260779287.htm



 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 
 
 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina