Inicio
 

Estación Depuradora de Aguas Residuais do Umia

Estación Depuradora de Augas Residuais do Umia. Inversión 8.000.000€.

Esta infraestrutura, tal e como prometeu este equipo de goberno, solucionou a problemática puntual dos cheiros nalgunhas rúas de Cambados. O noso municipio conta cunha das redes de saneamento máis ampla da provincia chegando a cubrir o 99% do solo urbanizado. 



Saneamento saco de Fefiñans

Saneamento do Saco de Fefiñáns: Inversión 1.200. 000€.

O medio ambiente é un dos obxectivos principais deste equipo de goberno. Esta actuación, que está a piques de rematar, é unha das máis importantes que está a desenvolver a Consellería de Medio Ambiente en toda Galicia. Actualmente xa se están rexistrando mellores parámetros na calidade da auga na zona. A seguinte fase é a recuperación do areal do Pombal e Tragove.



Reparación cuberta piscina municipal

A Deputación Provincial colabora co concello para subsanar as deficiencias da cuberta da piscina municipal. O orzamento para a obra é de 600.000 euros. Actualmente o mal estado da cuberta ocasiona altos custos no consumo enerxético para o Concello de Cambados.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2015/05/01/diputacion-destinara-100000-euros-plan-obras-2015-piscina-cambados/00031430476080260779287.htm



Enquisas respaldan o mandato do PP en Cambados

Hoxe o Faro de Vigo publica os resultados dunha enquisa realizada no mes de abril á UPTA (Unión Profesional de Trabajadores Autónomos) nos concellos de Cambados, O Grove e Vilagarcía de Arousa.

En diferentes ámbitos en xeral o grado de satisfacción con diferentes políticas levadas a cabo, o concello de Cambados conta con puntuacións coma 3,3 (sobre 5), o que indica unha satisfacción medio – alta dos autónomos enquisados; nota moi elevada dun notable respecto doutros concellos.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2015/05/01/cambados-o-grove-satisfechos-gobiernos/1231151.html

 

 



O centro de DIA

Centro de Día. Inversión 700.000€.

Proxecto financiado pola  Consellería de Traballo e Benestar.  O equipo de goberno de Cambados  aposta polos servizos sociais, esta instalación é fundamental para a conciliación da vida laboral e familiar dos nosos veciños e veciñas. Os nosos maiores estarán atendidos por profesionais nun centro de primeiro nivel  e nun entorno privilexiado. 

Foto: Visita do Conselleiro de Presidencia ás obras do centro de DIA



 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 
 
 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina